lunes, 17 de mayo de 2010

OBRA "ACTUALIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PUBLICO VIARIO NO CONCELLO DE TUI PARA AFORRO ENERXÉTICO, ZONAS DE: RANDUFE-FRIANDE",67.485,41€

Facemonos eco desta actuacion en Randufe,


OBRA "ACTUALIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PUBLICO VIARIO NO CONCELLO DE TUI PARA AFORRO ENERXÉTICO, ZONAS DE: RANDUFE-FRIANDE", incluída no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local.
Data de fin de prazo: 11-05-2010Adxudicacion definitiva
Expediente: 08/10-FEESOBRAS
Detalle licitación

ADXUDICACIÓN DEFINITIVA XUNTA DE GOBERNO LOCAL: 29/04/2010.
Procedemento: Negociado sen publicidade.

Aprobado na Xunta de Goberno Local de data 9 de abril 2010 adxudicación provisional da referida obra á empresa "SERVCIOS ELECTRICOS ABELMAR, S.L." e unha vez que o adxudicatario proposto presentou a documentación requirida, a Xunta de Goberno Local , por unanimidade, adoptou o seguinte acordo:

1º.- Adxudicar definitivamente á empresa "SERVICIOS ELECTRICOS ABELMAR, S.L..", CIF B36422210, con enderezo en Porriño, Polígono Industrial A Granxa, Parcela 210, nave 19B (36475), a contratación da obra "ACTUALIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PUBLICO VIARIO NO CONCELLO DE TUI PARA AFORRO ENERXÉTICO, ZONAS DE: RANDUFE-FRIANDE", por un importe total de 67.485,41€ (Orzamento base: 58.177,08€. Cantidade correspondente ó IVE: 9.308,33€), por ser a oferta que acadou maior puntuación das presentadas, de conformidade cos criterios de adxudicación establecidos no prego de condicións aprobado.
De conformidade coa proposta económica presentada pola empresa adxudicataria, o número total de traballadores que se compromete a vincular á execución da obra licitada será de 3 traballadores:
- 2 traballadores da empresa.
- 1 traballador de nova contratación.

2º.- Aproba-lo proxecto de execución de melloras complementarias presentado, por importe total de 1.752,05€.

2º.- A formalización do contrato realizarase no prazo de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte ó da notificación deste acordo.

4º.- De conformidade coa cláusula 25 do prego de condicións, no prazo de quince días naturais dende a notificación da adxudicación definitiva o contratista presentará o Plan de Seguridade e Saúde no traballo, para a súa aprobación.

5º.- No prazo de quince días naturais, como máximo, contados a partir da data de formalización do contrato, deberá realizarse o replanteo e estenderse a acta relativa ó mesmo. O adxudicatario deberá presentar un programa de traballos para que sexa aprobado polo órgano de contratación.

6º.- De conformidade co estipulado no Real Decreto Lei 13/2009, de 26 de outubro, que o novo persoal que o contratista necesite empregar para a execución das obras se atope en situación de desemprego conforme ó previsto no artigo 208 da Lei Xeral da Seguridade Social e se indica na cláusula 15.1 do prego. Só se computarán os contratos realizados ou por realizar con traballadores desempregados inscritos nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes, como demandantes de emprego non ocupados e os realizados ou por realizar con traballadores autónomos que cesasen na súa actividade e que estén inscritos nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes, como demandantes de emprego non ocupados. Así mesmo, de conformidade co art. 17.2, o novo persoal que o contratista necesite empregar para a execución das obras se atopará en situación de desemprego, prioritariamente en situación de desemprego de larga duración e que sexa requirido a través dos Servizos Públicos de Emprego. De conformidade coa disposición adicional primeira do referido real decreto lei, apartado 2, ós efectos do previsto no mesmo, se entende por persoas desempregadas de larga duración as que estiveran inscritas nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes como demandantes de emprego como mínimo 12 meses antes da data de contratación.

Coa sinatura da acta de comprobación de replanteo de obra o contratista deberá presentar a documentación acreditativa dos traballadores de nova contratación nos termos indicados no parágrafo anterior, así como :
- Copia dos contratos dos traballadores do persoal de nova creación selados pola oficina correspondente do INEM.
- Copia compulsada das altas dos traballadores adscritos á obra na Seguridade Social.

De conformidade co estipulado no art. 137 da LCSP se deberá notificar ós candidatos ou licitadores o referido acordo así como publicarase no Perfil do Contratante tal e como se indica no art. 138 da LCSP.
Tui, 29 de abril de 2010

ACTUALIZACION DE INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PUBLICO TUI PARA AFORRO ENERXETICO, ZONAS DE: RANDUFE "AS CHANS" E "A GUIA", AREAS "TOXEIRA"...113.175,06€

Facemonos eco das seguintes actuaciones en Randufe,

OBRA "ACTUALIZACION DE INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PUBLICO VIARIO NO TERMINO MUNICIPAL DE TUI PARA AFORRO ENERXETICO, ZONAS DE: RANDUFE "AS CHANS" E "A GUIA". AREAS "TOXEIRA". TUI "AVDA. DE PORTUGAL" E "AVDA. DEL ROLLO", incluída no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local.
Data de fin de prazo: 11-05-2010Adxudicacion definitiva
Expediente: 07/10-FEESOBRAS
Detalle licitación

ADXUDICACIÓN DEFINITIVA XUNTA DE GOBERNO LOCAL: 29/04/2010
Procedemento: Negociado sen publicidade.
Aprobado na Xunta de Goberno Local de data 9 de abril 2010 adxudicación provisional da referida obra á empresa "MEGALCAF INSTALACIONES" e unha vez que o adxudicatario proposto presentou a documentación requirida, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, adoptou o seguinte acordo:

1º.- Adxudicar definitivamente á empresa "MEGALF INSTALACIONES, S.L.", CIF B36440196, con enderezo en Tui, Rebordáns-Funchal, nº 1 (36712), a contratación da obra "ACTUALIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DE ALUMEADO PUBLICO VIARIO T.M. DE TUI PARA AFORRO ENERXÉTICO, ZONAS: RANDUFE "AS CHANS" E "A GUIA". AREAS "TOXEIRA". TUI "AVDA. DE PORTUGAL" E "AVDA. ROLLO" , por un importe total de 113.175,06€ (Orzamento base: 97.564,71€. Cantidade correspondente ó IVE: 15.610,35€), por ser a oferta que acadou maior puntuación das presentadas, de conformidade cos criterios de adxudicación establecidos no prego de condicións aprobado.
De conformidade coa proposta económica presentada pola empresa adxudicataria, o número total de traballadores que se compromete a vincular á execución da obra licitada será de 4 traballadores:
- 1 traballador da empresa.
- 3 traballadores de nova contratación.

2º.- A formalización do contrato realizarase no prazo de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte ó da notificación deste acordo.

4º.- De conformidade coa cláusula 25 do prego de condicións, no prazo de quince días naturais dende a notificación da adxudicación definitiva o contratista presentará o Plan de Seguridade e Saúde no traballo, para a súa aprobación.

5º.- No prazo de quince días naturais, como máximo, contados a partir da data de formalización do contrato, deberá realizarse o replanteo e estenderse a acta relativa ó mesmo. O adxudicatario deberá presentar un programa de traballos para que sexa aprobado polo órgano de contratación.

6º.- De conformidade co estipulado no Real Decreto Lei 13/2009, de 26 de outubro, que o novo persoal que o contratista necesite empregar para a execución das obras se atope en situación de desemprego conforme ó previsto no artigo 208 da Lei Xeral da Seguridade Social e se indica na cláusula 15.1 do prego. Só se computarán os contratos realizados ou por realizar con traballadores desempregados inscritos nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes, como demandantes de emprego non ocupados e os realizados ou por realizar con traballadores autónomos que cesasen na súa actividade e que estén inscritos nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes, como demandantes de emprego non ocupados. Así mesmo, de conformidade co art. 17.2, o novo persoal que o contratista necesite empregar para a execución das obras se atopará en situación de desemprego, prioritariamente en situación de desemprego de larga duración e que sexa requirido a través dos Servizos Públicos de Emprego. De conformidade coa disposición adicional primeira do referido real decreto lei, apartado 2, ós efectos do previsto nomesmo, se entende por persoas desempregadas de larga duración as que estiveran inscritas nos Servizos Públicos de Emprego correspondentes como demandantes de emprego como mínimo 12 meses antes da data de contratación.

Coa sinatura da acta de comprobación de replanteo de obra o contratista deberá presentar a documentación acreditativa dos traballadores de nova contratación nos termos indicados no parágrafo anterior, así como :
- Copia dos contratos dos traballadores do persoal de nova creación selados pola oficina correspondente do INEM.
- Copia compulsada das altas dos traballadores adscritos á obra na Seguridade Social.

De conformidade co estipulado no art. 137 da LCSP se deberá notificar ós candidatos ou licitadores o referido acordo así como publicarase no Perfil do Contratante tal e como se indica no art. 138 da LCSP.

Tui, 29 de abril 2010.
O ALCALDE
Asdo. Antonio F. Fernández Rocha.