miércoles, 23 de febrero de 2011

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA o próximo día 26 de Febreiro, sábado; ás 20:30Hr,

Asociación de Veciños de Randufe
NIF.: G36338549
Casa Cultural de Randufe s/n
36713 Tui
avderandufe@gmail.com








A Asociación de veciños de Randufe convoca a os seus socios á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA correspondente ao ano que andamos e que celebraremos o próximo día 26 de Febreiro, sábado; ás 20:30Hr, en primeira convocatoria e ás 21:00 Hr, en segunda; no Centro Cultural de Randufe.

A orde do día será a seguinte:

1-Lectura e aprobación da ACTA anterior, se procede.
2-Estado de contas ( Ingresos/Gastos no exercicio 2010)
3-Actualización de Socios (Altas/Baixas).
4-Memoria relativa ao exercicio do ano 2010
5-Proxecto e presuposto para o ano en curso (2011)
6-Rogos e preguntas.

Remataremos esta convocatoria compartindo un momento todos xuntos, tomando un viño e “picando” algo.

Ademais o remate celebraremos un pequeno sorteo entre os asistentes.

Esperamos contar coa súa presenza, e para que os acordos que adoptemos , sexan o máis acertados e democráticos posible, AGARDÁMOLAS/OS.





Randufe de Febreiro do 2011

Telmo Alfaya Pérez (Presidente)





Visitanos en www.avderandufe.com ou ponte en contacto avderandufe@gmail.com

sábado, 5 de febrero de 2011

Asunto: Rogos e preguntas expostas no pleno do día 27-01-2011

Asunto: Rogos e Preguntas para o pleno do día 27-01-2011



Pregunta_Sr Alcalde, como representantes da Asociación de Veciños de Randufe gostarianos saber se esta operativa a conexión WIFI na Casa Cultural desta parroquia, e en caso afirmativo, se esta asociación pode dispoñer da clave de acceso a mesma pois estamos interesados en facer uso dela tantos nas nosas reunións mensuais como na vindeira Asamblea Xeral.

Rogo_Sr Alcalde, rogamos se resolva o problema, que na saida da autovia Tui_Portugal a altura da Pousa do Bispo, ten a estrada cunha mancha permanente de auga, que pode chegar a traer problemas de seguridade para os vehiculos que por ahi circulan, no caso de que non sexa competencia do Concello, si rogamos faga chegar este rogo o organismo correspondente. Seria bo, que a espera da sua resolución, estivese debidamente sinalizada a existencia deste problema.


Aproveitamos tamen a circunstancia para rogarlle que atenda as peticións que o longo do ano 2010 fomos facendo dende esta Asociación, pasadas polo rexistro de entrada do Concello e copia a súa secretaria , tamén publicadas no noso blog, e que tal como se falara o comenzo do ano nos de as citas solicitadas ou derive algun responsable que nos atenda.


Randufe a 27 de Enero de 2011





A/A do Sr. Alcalde de Tui, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha

martes, 1 de febrero de 2011

Petición ó Concello con referencia a un Cruceiro próximo á Casa Cultural de Randufe.

Asociación de Veciños de Randufe

NIF.: G36338549


Casa Cultural de Randufe s/n
36713 Tui
blog: avderandufe.com
mail: avderandufe@gmail.com





Expon:


Que o cruceiro situado a beira da entrada da casa Cultural de Randufe atopase en perigo de derrubamento como amosan as fotos adxuntas.


Que o seu estado, falta de verticalidade pode supoñer un risco de seguridade para as persoas que circulan a súa beira.


Que por tratarse dun elemento patrimonial urxe velar pola súa conservación.


Solicita


Que o Concello, visite e valore o seu estado, e poña en marcha as medidas que crea oportunas para a súa adecuación.



Randufe a 1 de Febreiro de 2011



A/A Sr Alcalde Don Antonio Feliciano Fernandez Rocha