martes, 4 de octubre de 2011

Temas tratados na última reunión da Asociación de Veciños de Randufe.

A/A do Sr. Alcalde de Tui, Moises Rodríguez Pérez




Asunto: Temas tratados na última reunión da Asociación de Veciños de Randufe.



Reunida a Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Randufe, no pasado día 28 de Setembro de 2011, acorda recordar e solicitar o Concello de Tui acerca daquelas cousas de interese público para a parroquia que foron tratadas.



Solicitamos por tanto do Exmo. Concello de Tui:



- Noutras ocasions anteriores xa solicitamos una solución para os problemas que teñen os nenos que todolos dias van o IES San Paio de Tui da parroquia de Randufe, como é a necesidade dos nenos que esperan o bus no Chan do Carrasco e Chagüen non dipoñen de abrigo por falta dunha marquesina .



- A necesidade de levar a cabo accións preventivas na parada que na zona de Cruceiro ten o Bus que trae os rapazes do IES San Paio, estes son deixados na marxe dereita (dirección Gondomar) e cruzan a estrada para as súas casas nunha zona de escasa visibilidade e sen nengun tipo de sinais.



- A marquesina na Pousa do Bispo non dispon dos anclaxes que xa foron pedidos hai un mes. Esta apoiada sobre unha superficie sen mais.



- Rotura dun tubo nun colector do saneamento con vertidos o regato das “Mañiscas”.



- Recuperación dos Petrogligos de Randufe.



- Punto Limpo. Acercar este servizo os veciños ( día de recollida semanal en puntos da parroquia)





Esperamos a súa colaboración nas cuestións comentadas para poder conquerir entre todos que sexa o noso entorno un lugar mais agradable e seguro.



Por outra banda queremos manter unha reunión con vostede para amosarlle as nosas preocupacions





Randufe a 29 de Setembro de 2011



No hay comentarios:

Publicar un comentario