viernes, 20 de septiembre de 2013

Acta da Reunión da Asociación de Veciños de Randufe e Concello de Tui, sobre temas pendentes de solución na parroquia.



Recentemente, mantívose unha reunión entre a Asociación de Veciños de Randufe e Concello de Tui, para a actualizacion de temas pendentes de solución na parrroquia. 



Acta da reunión, 


A/A do Sr. Alcalde de Tui, D. Moises Rodriguez Pérez
Asunto: Reunión Av de Randufe
Despois da última reunión mantida no Concello o pasado 23 de novembro de 2012 para revisar o estado das actuacións pendentes na parroquia de Randufe, recordamosmediante esta solicitude cales son. Ademais, incluimos outras que desde esa data foron incluidas .

Asuntos pendentes de resolver:

_ Colocación de Marquesinas nos puntos Chans, Chagüen e Pousa do Bispo
nos puntos de recollida do BUS do IES Sampaio.

Segùn informa a concelleira Olga Montes, os propietarios dos posibles sitios de ubicación das marquesinas non dan a súa autorización, so viron a posibilidade de realizar nos puntos de recollida actuales, pídese que miren outras ubicacións posibles que permitan resolver esta demanda, sempre que estén avaladas polos informes técnicos precisos.

_ Resolver os vertidos contaminantes nas Mañiscas.

Obra de Aguas de Galicia (Depende da Xunta), hay aprobados 620.000 e para a execución, neste punto irá unha estación de bombeo. Esta pendente a licitación do proxecto e descoñcen o prazo de execución. Se lles pide que remitan escrito a Augas de Galicia co fin de obter a información pendente e urxir a necesidade dunha obra polas consecuencias que están a provocar os vertidos.

_ Estado da Vella Escola de Randufe, fase en que se atopa a rehabilitación,
apertura e uso definitivo.

Informan que xa está en marcha a terceira fase cun presuposto aproximado de 400.000 € , no mes de outubro dara comenzo un novo obradoiro de emprego con 22 alumnos e 6 profesionales. Estiman que a obra estará rematada para
abril-2014.

En canto o seu uso séguese a manter o de Viveiro de empresas, comunican que organismos coma a Camara de Comercio de Tui xa mostrou o seu interés. Por outra banda se lles recorda que esta Asociación , que representa a mais de
200 socios, quere participar de tódalas actuacións e eventos que teñan que ver coa Parroquia de Randufe, pretendendo ser parte activa nos procesos de
decisión.


_ Acercar o Punto Limpo os veciños con recollidas planificadas.

Non hai avances es este sentido, o concelleiro Manuel Vazquez non ve, a priori, posible a proposta da Asociación dun Plan de Recollida que faga que 1 vez cada 3 ou 6 meses, o camión do Concello leve a cabo unha recollida de estos materiais voluminosos nos puntos donde actuamente se deixa a basura diaria. Arguementa que o numero de parroquias que ten Tui e moi alto para poñer en marcha este servicio,ademais dos recursos que serían precisos para levalo a cabo. Pide colaboración á Asociación de veciños de Randufe, para campañas de concienciación para que este tipo de residuos non acaben en lugares impropios.

_ Petición para incluir o toponimo Randufe na saida da autovia xunto con
Gondomar e Tui.

Neste apartado, se lles recorda simplemente que teñan presente esta demanda
cando se efectúe a siguinte re-cartelización nos paneis da Autovia. Informan que xa enviaron petición a FOMENTO.

_ Mellorar a seguridade na parada que ten o BUS do IES Sampaio na volta
a casa na zona do Cruceiro. Os rapaces quedan na marxe dereita dirección
Gondomar e cruzan a rua nunha zona sin a sinalización oportuna.

A Asociación insiste qiue a perigosidade de esta zona é elevada pola falta de visibilidade, reclamamos que sigan a informar de esta situacion a Xunta Galicia alertando de posibles consecuencias.

_ Resolución do problema de acumulación de pluviais no tunel na rua da
Guia as Valiñas (caixa de cerillas).

Nos informan que o dia 22 de Agosto de 2013. empezan na zona a remodelación dun muro existente e aproveitando esta actuación, farán unha valoración de este problema coa finalidade de buscar unha solución.

_ Recuperación do patrimonio cultural “ os Petroglifos “.
Séguese a insistir dende a Asociación sobre este asunto. Se lles pide que en colaboración coa Comunidade de Montes de Randufe non deixen este asunto olvidado.


_ Estado acessos a parroquia dende a VAC Tui-A Garda. Mellora do acceso
de Randufe o Pol. Ind. Areas (estado do vial). Estado de accesos e servicios a
veciños de Randufe da VAC.

A concelleira Olga Montes pensa que o estado actual permite o acceso. Se lle
pide que faga unha valoración actualizada, pois os membros de esta Asociación non teñen a mesma percepción do estado do lugar. Farán unha valoración do estado actual e se procede verán a disponibilidade de medios da
Mancomunidade para levar a cabo unha mellora no lugar (Limpeza e nivelamento do firme)

_ Solución o problema de visibilidade na semirotonda que a saida da
Casa Cultural pon en dificultades os vehiculos que se incorporan a estrada
Tui- Gondomar.

A colocación dun espello mellorou a visibilidade para os usuarios que de incorporan a estrada, pero seguimos a insistir que esta ha de ser unha medida provisional e que a zona esixe unha actuación mayor que resolva o problema definitivamente mediante construcción dunha rotonda, tal e como estaba inicialmente proxectado. Demanda que tamén está a ser levada a cabo por
unha comunidade de propietarios da Urbanización Pousa do Bispo.

_ Posibilidade de dar continuidade as beirarrúas no tramo que vai dende a
entrada Pousa do Bispo á entrada da autovía Portugal-Vigo.

Seguimos a reclamar, pero, pese a existencia dun proxecto redactado de beirarrúas, xa se nos informa que non vai ser posible esta actuación. Se lles pide que canto menos o firme que fai a función de acera, esté nas condicións que permitan o paso de peons de forma cómoda

_ Limpeza e adecentamento das beirarruas e viales de Randufe (problemas
coa vexetación que invade o paso de peons e vehículos).

Grazas a Carreira Popular da Guia, as máquinas van a empezar a levar a cabo
esta tarefa. Se lles recorda que non limiten as actuacións ó recorrido da Carreira e actúen en todas aquelas zonas que sexa preciso; ou emitan e fagan cumprir os bandos que obrigan os propietarios a manter limpas as súas lindes segundo indican as leis.

_ Último informe de revisión de estado de fontes da Parroquia ( datas das
ultimas análises.)

A Concelleira Olga Montes entrega a Asociación o listado das fontes revisadas
no 2013.


_ Emprego no Concello. Procedemento (aclaracións de dudas).

Informan que as prazas son anunciadas en radio e prensa (medios de maior Difusión, tal como recolle a lei para os empregos públicos), o proceso de elección dos demantantes e levado a cabo por un Tribinal nomeado polo Sr. Alcalde , a composición deste tribunal dependerá das prazas ( tipo) que se oferten en cada momento.

_ Informar sobre o estado da Escola Infantil e Centro de Saude de Tui.

Informan que a obra está rematada, que o día 02/09 intalaranse os equipamentos, nos dias 12 ou 13/09 farase unha xornada de portas abertas. Actualmente toda-las prazas están cubertas quedando fora 12 nenos de 1-2 anos, 18 de 2-3 anos e habendo dúas vacantes para 0-1. A fórmula de xestión escollida, dependerá dun Consorcio da Xunta de Galicia.

_ Petición de que se teñan en conta os movementos asociativos da
Parroquia para aquelas actuacións que por parte do Concello vaian destinadas
a mellora dos servizos e calidade de vida dos nosos veciños.

Recórdaselles unha vez mais este asunto


Randufe a 20-ago-2013
Telmo Alfaya Perez
Presidente Asociación de veciños de Randufe

Asistentes a reunión do 20-ago-2013 20:30 
Centro Cultural Randufe
Asociación de Veciños de Randufe e Concello





Telmo Alfaya Perez-Presidente AV Randufe
Olga Montes-Concelleira
Javier Alvarez Rivadulla.-Vocal AV Randufe
Manuel Vazquez-Concelleiro
Andres Urseira Gonzalez-Vicepresidente AV Randufe
J.Angel Villaverde-Concelleiro
F.Javier Oliveira Barros-Secretario AV Randufe



*******************************************************************************************************************************

A nova nos medios PUBLICADA nos medios:


INFOMINHO.COM


http://www.infominho.com/index.php/id/54/objeto/18956/claves/REUNI%C3%93N%20DA%20ASOCIACI%C3%93N%20DE%20VECI%C3%91OS%20DE%20RANDUFE%20E%20CONCELLO%20DE%20TUI-SOBRE%20TEMAS%20PENDENTES%20DE%20SOLUCI%C3%93N%20NA%20PARROQUIA

TUI RUEGOS Y PREGUNTAS

http://ruegosypreguntasatui.blogspot.com.es/2013/09/reunion-da-asociacion-de-vecinos-de.html



sábado, 22 de junio de 2013

A antiga escola de Randufe en rehabilitación polo Obradoiro de Emprego de Tui. (galiciasuroeste.info)

A antiga escola de Randufe en rehabilitación polo Obradoiro de Emprego de Tui



Onte, o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado polo concelleiro de emprego, José Ángel Villaverde Rocha, xunto aos responsables do Obradoiro de Emprego “Tui Emprende 2012” visitaron o edificio da antiga Escola de Chans en Randufe que está sendo rehabilitada polos alumnos deste Obradoiro de Emprego coa finalidade de instalar neste lugar un “viveiro de empresas”.
Ao longo da visita o Alcalde de Tui comprobou as obras realizadas neste inmoble que ven de ser rehabilitado logo de moitos anos en completo abandono e que supón un importante fito para a parroquia de Randufe e para o Concello de Tui.  O rexedor congratulouse pola calidade da obra realizada felicitando aos responsables do Obradoiro por ter conquerido os obxectivos desta acción formativa, tanto a nivel profesional como de inserción laboral, pois ata catro alumnos lograron xa un posto de traballo. Comentou tamén que o destino deste inmoble é acoller un viveiro de empresas, con ata sete locais destinados a favorecer aos emprendedores locais ofrecendo un despacho onde iniciar a súa actividade empresarial. Pola súa banda, co concelleiro de empregou, informou que o Concello ven de solicitar un novo Obradoiro para completar a rehabilitación deste inmoble, tanto interior como exterior.
O alcalde informou que este Obradoiro de Emprego, concedido pola Consellería de Traballo e Benestar, tivo un orzamento total de 480.591,21 euros, aportando a devandita Consellería 282.130,56 euros e o Concello de Tui 208.460,65 euros. Este importante investimento expresa o compromiso do Concello de Tui pola formación e o emprego.
Este Obradoiro de Emprego, que está piques de rematar logo de seis meses de funcionamento, conta con 32 alumnos, cunha medida de idade de 34 anos e cunha antigüidade como demandantes de emprego superior a un ano. Ao longo deste período recibiron formación nas especialidades de “Auxiliar de albanelería – chacoteiro” once alumnos, en “Pintor – colocador de prefabricados lixeiros” dez alumnos e en “Instalación de elementos de carpintería” un total de once alumnos.
Paralelamente o alumnos recibiu formación educativa de tal forma que catro alumnos deste Obradoiro superaron as probas do título de graduado en ESO e outros catros aprobaron varios módulos e completaran o proceso no vindeiro mes de setembro.
Tamén resaltaron na presentación os responsables deste Obradoiro que ao longo deste período os alumnos recibiron formación para a búsqueda activa de emprego, enviando cada alumnos unha media de 80 curriculums vitae. Salientando que catro alumnos lograron un posto de traballo noutras tantas empresas ao longo deste período completando así a súa inserción laboral.
No decurso da visita foron comprobando as obras que os alumnos realizaron neste inmoble tanto en albanelería (desmontaxe  e retirada do tellado; demolición tabiques e retirada de escombro; reforzo de forxado existente con estructura metálica;  lavado interior e exterior da pedra; recheo de xuntas  morteiro de cemento e rexuntado de muros con morteiro hidrófugo; colocación de cornixas,  antepeitos e verteaguas; colocación  de pisos con plaquetas e soleiras de pedra; apertura de novos ocos; realización de arquetas de saneamento; colocación e remate da cuberta con tella e colocación  de  plaquetas e azulexado dos baños), carpintería (realización, ensamblado, axuste e encolado das distintas pezas que forman as cerchas da cuberta;  instalación de ferraxes de amarre na unión das pezas que forman as cerchas;  aplicación de produtos protectores; instalación en obra da estructura de madeira para  soporte  da  cuberta;  instalación de panel sándwich e instalación de teitos de madeira) e pintura (trasdosado das paredes; divisións interiores con tabiques cartón xeso  e colocación de lá de rocha; montaxe polestileno extruído en trasdosados; montaxe de teitos de cartón xeso hidrófugo e teitos desmontables; colocación de lá de rocha nos tabiques; lixado e pintado de trasdosados en teitos e tabiques e reparación das cornixas e dos panos exteriores).
Amais este persoal do Obradoiro realizou nunha primeira fase diversas obras e intervencións nas dependencias do propio Obradoiro no Centro de Formación, etc.

jueves, 21 de febrero de 2013

A Asociación de Veciños de Randufe convoca á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA correspondente ao ano 2013, 24 de Febreiro 2013 ás 11:00Hr, en primeira convocatoria e ás 12:00 Hr, en segunda; no Centro Cultural de Randufe.



Asociación de Veciños de Randufe

NIF.:  G36338549

Casa Cultural de Randufe s/n
36713 Tui
avderandufe@gmail.com





A Asociación de veciños de Randufe convoca a:

OS SEUS SOCIOS


            Dirixímonos a vostedes pola presente , para  comunicarlles que, ao abeiro do art. 8 dos Estatutos da Asociación, cómprenos convocalos á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA correspondente ao ano que andamos e que celebraremos o próximo día 24 de Febreiro 2013, domingo ; ás 11:00Hr, en primeira convocatoria e ás 12:00 Hr, en segunda; no Centro Cultural de Randufe.

A orde do día será a seguinte:

            1-Lectura e aprobación da ACTA anterior, se procede.
            2-Estado de contas ( Ingresos/Gastos no exercicio 2012)
            3-Actualización de Socios (Altas/Baixas).
            4-Memoria relativa ao exercicio do ano 2012
            5-Proxecto e presuposto para o ano en curso (2013)
            6-Renovación da Xunta Directiva dacordo co artigo 26 dos estatutos da Asociacion. Poderase presentar candidatura de Presidente, Secretario,Tesorero e Vocais con antelación o       desenvolvemento da Asemblea ou no mesmo día.
            7-Rogos e preguntas.

Remataremos esta convocatoria compartindo un momento todos xuntos, tomando un viño e “picando” algo.

            Ademais o remate celebraremos un pequeno sorteo entre os asistentes.

Esperamos contar coa súa presenza, e para que os acordos que adoptemos , sexan o máis acertados e democráticos posible, AGARDÁMOLAS/OS.



Randufe 10 de Febreiro do 2013

Telmo Alfaya Pérez (Presidente)



Visitanos en http://avderandufe.blogspot.com.es/ ou ponte en contacto avderandufe@gmail.com