sábado, 22 de junio de 2013

A antiga escola de Randufe en rehabilitación polo Obradoiro de Emprego de Tui. (galiciasuroeste.info)

A antiga escola de Randufe en rehabilitación polo Obradoiro de Emprego de Tui



Onte, o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado polo concelleiro de emprego, José Ángel Villaverde Rocha, xunto aos responsables do Obradoiro de Emprego “Tui Emprende 2012” visitaron o edificio da antiga Escola de Chans en Randufe que está sendo rehabilitada polos alumnos deste Obradoiro de Emprego coa finalidade de instalar neste lugar un “viveiro de empresas”.
Ao longo da visita o Alcalde de Tui comprobou as obras realizadas neste inmoble que ven de ser rehabilitado logo de moitos anos en completo abandono e que supón un importante fito para a parroquia de Randufe e para o Concello de Tui.  O rexedor congratulouse pola calidade da obra realizada felicitando aos responsables do Obradoiro por ter conquerido os obxectivos desta acción formativa, tanto a nivel profesional como de inserción laboral, pois ata catro alumnos lograron xa un posto de traballo. Comentou tamén que o destino deste inmoble é acoller un viveiro de empresas, con ata sete locais destinados a favorecer aos emprendedores locais ofrecendo un despacho onde iniciar a súa actividade empresarial. Pola súa banda, co concelleiro de empregou, informou que o Concello ven de solicitar un novo Obradoiro para completar a rehabilitación deste inmoble, tanto interior como exterior.
O alcalde informou que este Obradoiro de Emprego, concedido pola Consellería de Traballo e Benestar, tivo un orzamento total de 480.591,21 euros, aportando a devandita Consellería 282.130,56 euros e o Concello de Tui 208.460,65 euros. Este importante investimento expresa o compromiso do Concello de Tui pola formación e o emprego.
Este Obradoiro de Emprego, que está piques de rematar logo de seis meses de funcionamento, conta con 32 alumnos, cunha medida de idade de 34 anos e cunha antigüidade como demandantes de emprego superior a un ano. Ao longo deste período recibiron formación nas especialidades de “Auxiliar de albanelería – chacoteiro” once alumnos, en “Pintor – colocador de prefabricados lixeiros” dez alumnos e en “Instalación de elementos de carpintería” un total de once alumnos.
Paralelamente o alumnos recibiu formación educativa de tal forma que catro alumnos deste Obradoiro superaron as probas do título de graduado en ESO e outros catros aprobaron varios módulos e completaran o proceso no vindeiro mes de setembro.
Tamén resaltaron na presentación os responsables deste Obradoiro que ao longo deste período os alumnos recibiron formación para a búsqueda activa de emprego, enviando cada alumnos unha media de 80 curriculums vitae. Salientando que catro alumnos lograron un posto de traballo noutras tantas empresas ao longo deste período completando así a súa inserción laboral.
No decurso da visita foron comprobando as obras que os alumnos realizaron neste inmoble tanto en albanelería (desmontaxe  e retirada do tellado; demolición tabiques e retirada de escombro; reforzo de forxado existente con estructura metálica;  lavado interior e exterior da pedra; recheo de xuntas  morteiro de cemento e rexuntado de muros con morteiro hidrófugo; colocación de cornixas,  antepeitos e verteaguas; colocación  de pisos con plaquetas e soleiras de pedra; apertura de novos ocos; realización de arquetas de saneamento; colocación e remate da cuberta con tella e colocación  de  plaquetas e azulexado dos baños), carpintería (realización, ensamblado, axuste e encolado das distintas pezas que forman as cerchas da cuberta;  instalación de ferraxes de amarre na unión das pezas que forman as cerchas;  aplicación de produtos protectores; instalación en obra da estructura de madeira para  soporte  da  cuberta;  instalación de panel sándwich e instalación de teitos de madeira) e pintura (trasdosado das paredes; divisións interiores con tabiques cartón xeso  e colocación de lá de rocha; montaxe polestileno extruído en trasdosados; montaxe de teitos de cartón xeso hidrófugo e teitos desmontables; colocación de lá de rocha nos tabiques; lixado e pintado de trasdosados en teitos e tabiques e reparación das cornixas e dos panos exteriores).
Amais este persoal do Obradoiro realizou nunha primeira fase diversas obras e intervencións nas dependencias do propio Obradoiro no Centro de Formación, etc.